Presentación:
As presentes xornadas tratan de dar resposta as necesidades derivadas da implantación da reforma operada na Ley de Axuizamento Criminal pola Lei 38/2002 de 24 de outubro, e a sua complementaria, a Lei Orgánica 8/2002, da mesma data.
Esta iniciativa xurde como froito da colaboración existente entre a Universidade de Vigo, mais concretamente, coa Area de Dereito Procesual da Facultade de Dereito de Ourense, e o Iltre. Colexio de Avogados de Ourense.
A finalidade non é outra que analizar polo miudo a novidade que supón a instauración dos xuizos rápidos, sen perder de vista a ampla reforma do proceso penal abreviado, así como a súa incidencia no xuizo de faltas. Os distintos ponentes ofrecerán unha visión pormenorizada, en tódolos seus aspectos é implicacións teóricas e prácticas, sen esquencer as cuestións pendentes de regulación, ou que neste intre están sometidas a debate pola sociedade.
Estas Xornadas estructúranse en xornada de mañán e de tarde. Pola mañán haberá uns seminarios sobre os aspectos máis sobresaintes da reforma, orientados ós alumnos da Licenciatura en Dereito do Campus de Ourense e da Licenciatura en Dereito Económico de Vigo, sendo obrigatoria a súa asistencia para aqueles alumnos que desexen obter un crédito de libre configuración. Pola tarde terán lugar as ponencias en réxime de mesa redonda para tódolos asistentes.
Director:
D. Víctor Moreno Catena
Coordinadores:
Dña. Inés Iglesias Canle
D. José Luis López Blanco
Lugar:
Auditorio do Centro Cultural Caixanova
Organiza:
Universidade de Vigo. Area de Dereito Procesual da Facultade de Dereito de Ourense.
Iltre. Colexio de Avogados de Ourense
Destinatarios:
Dirixido ós profesionais do Dereito, en particular, a Avogados, Procuradores, persoal da Administración de Xustiza, alumnos da Escola de Práctica Xurídica, da Licenciatura en Dereito e membros da Comunidade Universitaria.
Programa:
MARTES, 8 DE ABRIL DO 2003
9.00- 14.00 hs: Seminario. “A reforma do proceso abreviado”, impartido polo Prof. Dr. D. Ignacio Candal Jarrín e o Prof. D. Pablo Grande Seara, Profesores de Dereito Procesual da Universidade de Vigo. Lugar de celebración: Aula Magna da Facultade de Dereito de Ourense.
16:45 hs. RECEPCIÓN E ENTREGA DE ACREDITACIÓNS
17:00 hs. INAUGURACIÓN
D. José Luis Baltar Pumar, PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.
Dª. María José Roca Fernández, DECANA DA FACULTADE DE DEREITO DE OURENSE.
D. Miguel Ángel González Trigás, DECANO DO ILUSTRE COLEXIO DE AVOGADOS DE OURENSE.
D. Ricardo Garrido Rodríguez, DECANO DO ILUSTRE COLEXIO DE PROCURADORES DE OURENSE.
17:15 hs. Mesa redonda. “O proceso abreviado I”
Moderador: D. Miguel Ángel González Trigás, Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense.
Intervintes: D. José María Asencio Mellado. Catedrático de Dereito Procesual da Universidade de Alicante. “A fase de instrucción”.
Dª. Inés Iglesias Canle, Profesora Titular de Dereito Procesual da Universidade de Vigo. “A proba preconstituida”.
D. Manuel Cid Manzano. Maxistrado-xuiz do Xulgado do Penal núm. 2. Xuiz Decano de Ourense. “As garantías do imputado”.
18:15 hs. Coloquio.
19:15 hs. Mesa redonda. “O proceso abreviado II”
Moderador: D. Julián Pardinas Sanz, Fiscal da Audiencia Provincial de Ourense.
Intervintes:
D. Nicolás González-Cuéllar Serrano. Avogado. Catedrático de Dereito Procesual da Universidade de Castilla-La Mancha. “A conformidade”.
D. Pablo Llarena Conde, Maxistrado da Audiencia Provincial de Barcelona. Xefe do Area de Instrucción da Escola Xudicial. “A fase do xuizo oral”.
Dª. Esther González Pillado, Profesora Titular de Dereito Procesual da Universidade de Vigo. “Os recursos”.
20:15 hs. Coloquio
MÉRCORES, 9 DE ABRIL DO 2003
9.00-14.00 hs. Seminario sobre “Os novos xuizos rápidos e o xuizo de faltas”, impartido polas Profª. Drª. Raquel López Jiménez e Mª. Dolores Fernández Fustes, Profesoras de Dereito Procesual da Universidade Carlos III de Madrid. Lugar de celebración Aula Magna da Facultad de Derecho de Ourense.
17.00 hs. Mesa redonda. “Os xuizos rápidos e o xuizo de faltas”.
Moderador: D. Alfonso Pazos Bande, Avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense.
Intervintes: D. Juan Damián Moreno, Catedrático de Dereito Procesual da Universidade Autónoma de Madrid. “Aspectos xerais da nova regulación dos xuizos rápidos”.
D. Lotario Vilaboy Lois, Profesor Titular de Dereito Procesual e Director da Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela. “O xuizo de faltas”.
D. Juan Barallat López, Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Asesor do Director Xeral para a modernización da Administración de Xustiza. “Os xuizos rápidos: dimensión práctica”.
D. Antonio Piña Alonso, Maxistrado-xuiz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Lugo. “A instrucción dos xuizos rápidos e dos xuizos de faltas na su vertente práctica”.
18:15 hs. Coloquio.
19.15 hs. “Os profesionales ante a reforma”
Moderador: D. Alejandro López Garrido, Avogado, Director da Escola de Práctica Xurídica de Ourense.
Intervintes: D. Jesús Cristín Pérez, Presidente da Audiencia Provincial de Ourense.
D. Carlos Valenzuela Cameans, Tenente-Fiscal da Audiencia Provincial de Ourense.
D. Luis García Maña, Licenciado en Dereito, Comisario Xefe da Policía Nacional en Ourense.
D. Jorge Temes Montes, Avogado, Coordinador do Area Penal da Escola de Práctica Xurídica “Pérez Avila”.
20:15 hs. Coloquio.
XOVES, 10 DE ABRIL DO 2003
9.00-14.00 hs. Seminario sobre “A reforma procesual pendente” impartido pola Profª. Drª. Dª. Elena Soleto Muñoz e os Profs. Dª. Amaya Arnaiz Serrano e Dª María de los Ángeles Catalina Benavente, Profesoras de Dereito Procesual da Universidade Carlos III de Madrid. Lugar de celebración Aula Magna da Facultade de Dereito de Ourense.
17:00 hs. Mesa redonda. “A reforma pendente”.
Moderador: D. Alfonso Vez Pazos, Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Ourense.
D. Valentín Cortés Domínguez, Avogado, Catedrático de Dereito Procesual da Universidade Autónoma de Madrid. “Presentación: tendencias lexislativas en materia procesual”
D. Víctor Moreno Catena, Catedrático de Dereito Procesual da Universidade Carlos III de Madrid. Avogado. “Cuestións pendentes no proceso penal”.
D. Emilio Llera Suárez-Bárcena, Fiscal da Audiencia Provincial de Sevilla. “A reforma da prisión provisional”.
Dª. Raquel Castillejo Manzanares. Profesora Titular de Dereito Procesual da Universidade Carlos III de Madrid. “O mandamento de detención e entrega europeo”.
18:15 hs. Coloquio.
19:15 hs. CLAUSURA
Excmo. Sr. Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, D. Antonio Pillado Montero.
Conferencia de D. Fernando Alañón Olmedo, Maxistrado, membro da Xunta de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
“Implantación das reformas procesuais na Comunidade Autónoma Galega”.
Información e Inscripcións:
Iltre. Colexio de Avogados de Ourense
Rúa do Concello, 22, entrechán, 32003, Ourense.
Tlf/fax.: 988 21 00 76
Prazas limitadas. Inscripcións ata o dia 2 de abril de 2.003
Se expedirá certificado acreditativo de asistencia.
Curso homologado polo Consello Xeral da Abogacía Española.